slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Aula AGASOL, onde atoparedes Formación eLearning á vosa medida!

  • Presentamos a Plataforma de Teleformación de Agasol. Unha ampla oferta de Teleformación, da man das diferentes empresas especializadas en eLearning de AGASOL.
  • Para AGASOL, “este é un exemplo da calidade e proxección que está a ter o software libre galego”.
  • A nosa marca, Libres para aprender, libres para crear, quérevos ofrecer unha teleformación e unha oferta de contidos de calidade.

Para cambiar o mundo, debemos cambiar o software

O actual contexto económico está a promover con máis intensidade ca nunca a adopción de solucións que sexan economicamente rendibles, pero que ao mesmo tempo estean preparadas en eficiencia e calidade para competir nun mercado cada vez máis especializado e esixente.

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento muda a Software Libre

A Coordinadora ten asinado un convenio co GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) polo que traballará unicamente con sistemas operativos de software libre. GPUL, de forma gratuíta, ten asumido o traballo de instalación e xestión do software libre nos equipos.

Presentación de «Enable Viacam» e «SITPLUS» (desenvolvedores)

Conferencias de D. Cesar Mauri, desenvolvedor e lider de ambos proxectos.

Luns día 3 de outubro, 12:00 da mañá, conferencia dirixida a técnicos e desenvolvedores, na que se analizará o código (GPL) e a súa estrutura técnica.

Salon de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  Universidade de Vigo
  Lagoas, Marcosende

Con esta presentación na Universidade, que vai facer D. Cesar Mauri, responsable dos equipos de desenvolvemento de eViacam e Sitplus, pretendemos que poidan ver o código aberto (GPL), coñecer como foron desenvolvidas as ferramentas, como funcionan os equipos de deseño e desenvolvemento, a fin de que todos os que desexen colaborar ou participar no desenvolvemento, ou simplemente os que teñan curiosidade poidan coñecer en detalle as "tripas" destes aplicativos.

Localización

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Lagoas Marcosende - Universidade de Vigo
España
42° 10' 12.4716" N, 8° 41' 18.2184" W
ES

Presentación de «Enable Viacam» e «SITPLUS» (educadores)

Conferencias de D. Cesar Mauri, desenvolvedor e lider de ambos proxectos.

Sábado día 1 de outubro, 11:00 da mañá, conferencia dirixida a pais, educadores/monitores e usuarios en xeral.

Sala de Conferencias do Centro Social Novacaixagalicia
  R/ Policarpo Sanz 24, 3ª andar
  36202 VIGO

Con esta presentación na Universidade, que vai facer D. Cesar Mauri, responsable dos equipos de desenvolvemento de eViacam e Sitplus, pretendemos que poidan ver o código aberto (GPL), coñecer como foron desenvolvidas as ferramentas, como funcionan os equipos de deseño e desenvolvemento, a fin de que todos os que desexen colaborar ou participar no desenvolvemento, ou simplemente os que teñan curiosidade poidan coñecer en detalle as "tripas" destes aplicativos.

Localización

Centro Social Novacaixagalicia
Policarpo Sánz 24-26, Vigo
España
42° 14' 15.0144" N, 8° 43' 20.7408" W
ES

Xornada sobre Tecnoloxías para o Terceiro Sector: O Software Libre como solución para o desenvolvemento

As xornadas celebraránse o 29 de setembro no MUPEGA, Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, nº 107), en Santiago de Compostela. Participarán empresas que contan con ferramentas dirixidas ao terceiro sector e orientadas á accesibilidade. Asistencia libre e gratuita, recoméndase inscrición en na páxina web de AGASOL.

Programa:

9:15-9:30 Recollida de acreditacións

9:30-9:45 Presentación institucional. Secretaria Xeral, Dna. Mar Pereira Álvarez.

9:45-10:30 “¿Que é o Software Libre? Filosofía, solucións e ventaxas”. Ponente: Xavier Castaño (Igalia)

10:30-11:15 “Tecnoloxías accesibles no centro educativo dixital”. Ponente: Carlos Rodríguez (Tegnix)

11:15-11:40 Pausa-café

11:40-12:30 “Tecnoloxías accesibles no fogar dixital. Teleasistencia en usuarios con diversidade funcional” Ponente: Xurxo Cegarra (Wireless Galicia).

12:30-13:30 MESA REDONDA E PRESENTACIÓN DE NOVA PLATAFORMA DE TRABALLO

OBXECTIVOS

Páxina web especializada no Terceiro Sector e o Software Libre. Terá os seguintes obxectivos:

  • Mostrar experiencias e solucións baseadas no Software Libre para o terceiro sector.
  • Converterse nunha plataforma de intercambio e colaboración entre axentes TIC e sociais.
  • Mostrar novas, tendencias e ligazóns de interese.

AGASOL

Logo AGASOLA Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) é un axente fundamental na promoción e difusión do uso das TIC en Galicia. Dende fai anos ven realizando diferentes accións encamiñadas a un maior achegamento da sociedade da información a diferentes colectivos sociais.

Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promocionar un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

A asociación xorde nun momento de efervescencia no que moitas empresas galegas de pequeno e mediano tamaño principian a traballar con software libre.

Traballamos en conxunto para xerar negocio a partir de solucións de código aberto.

Valid XHTML + RDFaLevel Double-A conformance, W3C WAI Web Content Accessibility Guidelines 2.0

Proxecto Cofinanciado

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer